16 April 2008

Nombre:
CASA DA XUVENTUDE DE CHANTADA
E-mail:
chantada.mail.art@gmail.c
URL:

Tema:
liberdade de expresión.
Direccion postal:
2º Certame de Arte Postal de Chantada Casa da Xuventude de Chantada Rúa Rosalía de Castro, 1 27500 Chantada Lugo/España Tfno e Fax: +34 982 441 614
Fecha limite:
31 de maio do 2008.
Convocatoria:
VICEPRESIDENCIA DA IGUALDADE E DO BENESTAR CASA DA XUVENTUDE DE CHANTADA ROSALÍA DE CASTRO 1 27500 CHANTADA LUGO TFNO E FAX: + 34 982 441 614 Expresar, dicir o que un pensa, comunicar ou conversar son exercicios necesarios e convenientes para a saúde tanto individual coma colectiva. !Mágoa de quen non teña nada que dicir, porque posiblemente estea morto! Nós como aínda estamos vivos, queremos convocar o segundo certame de Arte Postal coa idea de expresarnos libremente, porque é un dereito que temos como seres humanos que vivimos nunha sociedade democrática e libre, nunha sociedade na que cada individuo ten dereito de decidir qué tipo de arte desexa consumir ou qué arte desexa crear. E por iso queremos propoñervos que concorrades coas vosas opinións en forma de obxecto artístico expresado libremente e sen censura. !Pola liberdade de expresión! BASES DO CERTAME 1. Poderán participar todos os autores que o desexen, facendo chegar as súas obras necesariamente por correo postal ou electrónico. 2. Os traballos presentados levarán como tema da liberdade de expresión. 3. As obras deberán levar un título identificativo e incluír os datos completos do autor. 4. Os artistas que prefiran enviar o seu traballo por correo electrónico deberán xuntar os arquivos en formato BMP, JPEG ou similar, e o seu traballo exporase impreso no tamaño orixinal, que será como máximo DINA4. 5. A data límite de recepción de traballos será o día 31 de maio do 2008. 6. Coas obras recibidas editárase un catálogo coa relación de todos os participantes e realizarase unha exposición de todas as obras neste Centro. 7. Os traballos que non sexan recollidos antes do 31 de outubro do 2008 pasarán a formar parte da Colección de Arte da Casa da Xuventude. 8. Para calquera outro aspecto non contemplado nestas bases, decidirá a dirección do Centro. 2º Certame de Arte Postal de Chantada Casa da Xuventude de Chantada Rúa Rosalía de Castro, 1 27500 Chantada Lugo Tfno e Fax: +34 982 441 614 E

No comments:

.